Fundación Internacional para Iberoamérica de Administración e Póliticas Públicas (FIIAPP)

A Fundación Internacional para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas, FIIAPP ten como obxecto o "desenvolvemento de actividades relacionadas coa creación, promoción ou consolidación das institucións públicas no ámbito da Gobernabilidade Democrática, Reforma do Estado e Modernización das Administracións Públicas e calquera outras que lle fosen encomendadas no campo da cooperación internacional", o entendemento de que unha gobernabilidade ineficaz obstaculiza o desenvolvemento económico e social en tanto que unha gobernabilidade eficaz o promove.

Aínda cando unha parte importante da súa actividade se enmarca na cooperación española ao desenvolvemento, ao asumir o papel de canle da mesma xunto a outras entidades públicas e privadas, a FIIAPP incrementou nos últimos anos a súa presenza e participación noutros programas deseñados e financiados por Entes e Organismos de carácter supranacional (Unión Europea, Banco Mundial, Banco Iberoamericano de Desenvolvemento, etc.), logrando consolidar, grazas ao traballo realizado, a súa presenza nestes foros internacionais.

Xunto a este papel instrumental, a FIIAPP realiza tamén importantes esforzos dirixidos ao desenvolvemento de actividades propias, en especial de carácter formativo, que son deseñadas e financiadas directamente por ela.

Entre os obxectivos desta Fundación, figuran:

  • A defensa dos dereitos humanos e o apoio ao estado de dereito.
  • A promoción da participación social.
  • O desenvolvemento institucional. Prácticas de bo goberno, incluíndo o establecemento do marco regulador económico e financeiro axeitado e a solvencia das políticas públicas, comprendida a loita contra a corrupción.