Centro Latinoamericano de Administración para o Desenvolvemento (CLAD)

O Centro Latinoamericano de Administración para o Desenvolvemento, CLAD, é un organismo público internacional, de carácter intergobernamental. Constituíuse no ano 1972 baixo a iniciativa dos gobernos de México, Perú e Venezuela.

A súa creación foi recomendada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (Resolución 2802 - XXVI) coa idea de establecer unha entidade rexional que tivese como eixe da súa actividade a modernización das administracións públicas, un factor estratéxico no proceso de desenvolvemento económico e social.

A súa misión é promover a análise e o intercambio de experiencias e coñecementos en torno á reforma do Estado e a modernización da Administración Pública, mediante a organización de reunións internacionais especializadas, a publicación de obras, a prestación de servizos de documentación e información, a realización de estudos e investigacións e a execución de actividades de cooperación técnica entre os seus países membros e proveniente doutras rexións.

O CLAD é un organismo internacional de obrigada referencia nas áreas da súa competencia. Ademais do recoñecemento que logrou entre os gobernos de Iberoamérica, diversos organismos públicos internacionais acostuman solicitar a súa colaboración. Igualmente, desenvolve actividades de investigación e fortalecemento institucional en conxunto con distintas institucións gobernamentais de cooperación e institucións de investigación e docencia de Europa, Estados Unidos e Canadá.

Institucionalmente participa noutras instancias internacionais e é a secretaría técnica permanente das Conferencias Iberoamericanas de Ministros de Administración Pública e Reforma do Estado que se realizan no marco das Cumes Iberoamericanas de Xefes de Estado e de Goberno.